Carteis para descargar
Sinalización covid-19
Debido aos cambios xerados pola covid-19 e co obxectivo de ofrecerlle á comunidade universitaria solucións inmediatas, desde a Área de Imaxe, en colaboración co Servizo de Prevención de Riscos Laborais, deseñamos unha serie de produtos destinados a manter a distancia entre as persoas e a seguir as recomendacións de hixiene para evitar os contaxios.
Velaquí unha serie de produtos para descargar e imprimir que iremos actualizando permanentemente:
Seguimos coidando a identidade corporativa da nosa universidade a través do teletraballo e atenderemos as vosas consultas por correo electrónico no enderezo imaxe@uvigo.gal