Espazos expositivos en Vigo

Edificio Redeiras

Edificio Redeiras

Redeiras, o novo edificio institucional da Universidade de Vigo, situado na praza do Berbés de Vigo, conta entre outros, cun espazo expositivo multifuncional onde amosarlle á sociedade actividades artísticas de distinto xénero como parte do compromiso da nosa institución co fomento e coa difusión da cultura en todas as súas formas.

 

A esquerda heterodoxa galega na Segunda República. 90 aniversario da fundación do POUM.

A mostra "A esquerda heterodoxa galega na Segunda República. 90 aniversario da fundación do POUM" poderase visitar no edificio Redeiras, do 4 ao 26 de marzo, de 9.00 a 14.00 horas (de luns a venres). Entrada pública e de balde.


 

 

Edificio Redeiras
Praza do Berbés 11
36202 Vigo