Unha imaxe dunha conta atrás clásica de cine vai no número 7

Cine

A programación artística e cultural da Universidade de Vigo inclúe diversos ciclos de cinema, proxeccións, cursos e obradoiros en que se tratan materias de interese formativo para o alumnado

Semana de cine submarino

Na universidade poderás atopar ciclos de cine como a Semana de Cine Submarino, que lle amosa cada ano ao público todas as caras que presenta o mundo submarino a través da obra das máis destacadas realizadoras e realizadores, con especial protagonismo das producións galegas.


Ciclo de cine e lingua

O cinema italiano será o protagonista da décimo cuarta edición do Ciclo de Cine Lingua, unha proposta da Vicerreitoría de Extensión Universitaria que ten como finalidade achegar a cidadanía ás películas na súa versión orixinal con subtítulos en español. 


Docs del mes

Goza dos mellores documentais durante todo o ano (agás en xullo e en agosto), de xeito presencial en Pontevedra, na Casa das Campas e en Vigo, no auditorio municipal, e tamén en liña para toda a comunidade universitaria solicitando o código de acceso a docs-ou@uvigo.gal


Ciclo de cinema: a lingua galega no cinema.

Ao longo dos meses de abril e de maio desenvolverase a primeira parte do Ciclo de cinema: a lingua galega no cinema. As proxeccións terán lugar no auditorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Edificio Cambón), na rúa da Oliva, 3, en Vigo. A entrada é de balde ata completar a capacidade.

Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:

Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal

Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.gal

Campus de Pontevedra
+34 986 801 949
+34 986 801 955
asc-po@uvigo.gal