NO EDIFICIO REDEIRAS

Bernarda Espida

Ata o 22 de decembro

UVigo – Cultura 18/11/2021

O edificio Redeiras acolle a exposición «Bernarda Espida», unha proposta plástica coa que o escultor Xavier Costa (Chantada 1945) dá vida a unha historia circular do sufrimento dunha muller, desde a súa concepción ata a súa tortura, morte e transubstanciaciación en pedra. Un relato dunha muller do pobo libre, feminista e revolucionaria que é golpeada cruelmente por aqueles que se opoñen ao progreso social e político da humanidade, provocando guerras, ditaduras, torturas e represión.

A exposición estará aberta ao público entre o 17 de noviembre e o 22 de decembro de 2021. As visitas realizaranse, pola mañá e pola tarde, en quendas dunha hora con grupos de máximo 30 persoas.

Para visitar a exposición cómpre pedir cita previa a través do seguinte formulario:

Solicitar cita


Novas relacionadas