Segundo cuadrimestre
Queres mellorar as túas competencias dixitais?
Cursos de balde
e-Destrezas é un programa de formación gratuíto orientado ao desenvolvemento e á mellora das competencias dixitais do estudantado e do persoal da Universidade de Vigo.
Estes son os cursos organizados no segundo cuadrimestre do curso académico 2024/2025:
- Análise de datos: Excel
- Ofimática: Microsoft Office
- Tradución asistida: MemoQ
- Bases de datos: Access
- Fundamentos de deseño: AutoCAD
- Programación: Python
- Deseño gráfico: Illustrator e Photoshop
- Traballo colaborativo: Office 365
Máis información sobre cada curso, inscrición e matrícula:
Máis información:
Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
986 813 586
edestrezas@uvigo.gal