e-Destrezas

e-Destrezas é un programa de formación orientado ao desenvolvemento e á mellora das competencias dixitais do estudantado, o PDI e o PAS da Universidade de Vigo

 

Banner programa e-Destrezas

A adquisición de competencias dixitais é unha necesidade e unha esixencia dos actuais sistemas de ensino universitario no marco da Europa do coñecemento. A universidade debe responder a novas expectativas, como a aprendizaxe ao longo da vida, o desenvolvemento de habilidades multidisciplinarias e as competencias no uso e no manexo da información.

Por todo isto, a Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria da Universidade de Vigo lanza o programa formativo gratuito e-Destrezas, cuxo obxectivo é facilitar o desenvolvemento e a mellora das competencias dixitais da comunidade universitaria.  

A continuación atoparás a oferta formativa do programa e-Destrezas para o curso académico 2019/2020 en cada campus:

Máis información sobre cada curso, inscrición e matrícula:

culturxest

 

Máis información:

Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
986 813 586
edestrezas@uvigo.es