Actualidade MuVer

Unha persoa muver é activa, practica deporte, gústalle viaxar, mantén hábitos saudables, gústalle a aventura, é competitiva, sabe traballar en equipo, é solidaria e busca a felicidade diariamente. E ti? Queres ser muver?

ABONO MUVER

Todas as vantaxes nun só abono. O abono muver dáche acceso ás nosas salas cardio-fitness, múltiples actividades dirixidas, acceso ás pistas de tenis, atletismo, ... e, por se fora pouco, descontos nas Escolas Deportivas e nas actividades no medio natural. A comunidade Uvigo pode probalo totalmente de balde e sen compromiso do 16 ao 30 de setembro, do 20 ao 31 de xaneiro e do 18 ao 30 de maio.

Abono Muver 2019-2020

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

Durante o presente curso ofertamos diferentes actividades dirixidas e escolas deportivas así como a posibilidade de practicar por libre o teu deporte favorito nas instalacións da Universidade (o aluguer é de balde para a comunidade universitaria). Ademais poderás asistir tamén a algunhas instalacións alleas a través de convenios de colaboración que nos permiten proporcionar un mellor servizo e unha oferta máis ampla ás persoas da comunidade universitaria.

 

Acividades Vigo

RUTAS CULTURAIS

Ao longo de todo o curso organízanse once rutas de sendeirismo con diversos niveis de dificultade. Dirixido a todas aquelas persoas interesadas tanto no exercicio físico en si como no coñecemento do noso patrimonio natural e arqueolóxico que, en moitos dos casos, finalizan con actividades de tipo cultural, lúdico ou gastronómico como un magosto. Estes percorridos, deseñados orixinariamente para a comunidade universitaria, amplíanse ao público en xeral no caso de que non se cubran a totalidade das prazas. Ademais, facilítase un autobús que traslada aos participantes dos campus de orixe ata o lugar de saída e regreso.

Rutas Culturais 2019-2020

AUGAVENTURA

O programa específico de actividades no medio acuático inclúe dúas quendas, unha en outono e outra en primavera. Mediante estas actividades a comunidade universitaria ten a oportunidade de gozar, durante un día, de deportes no medio acuático en condicións moi vantaxosas Aos tradicionais descenso de rápidos (rafting), surf, windsurf, kaiak+snorquel+andaina e flyboard engádense actividades de wakeboard, mergullo e paddlesurf.

Augaventura outono 2019

LIGAS UNIVERSITARIAS 2019-2020

As ligas universitarias permítenlle aos membros da comunidade a creación de equipos para competir ao longo do curso en diferentes modalidades: baloncesto mixto, balonmán mixto, fútbol sala feminino e masculino, fútbol 7 mixto, rugby mixto,voleibol mixto e Tenis (só no campus de Vigo). A competición divídese en dúas fases: unha fase previa por campus e unha final intercampus entre os equipos gañadores da primeira fase. Prazo de inscrición do 2 de setembro ao 4 de outubro. Para resolver calquera dúbida dirixir un correo electrónico a: ligasuniversitarias@uvigo.es (campus de Vigo) 

Ligas universitarias 2019-2020

Torneo Baloncesto 3x3

Porque 3 non son multitude participa no torneo 3X3 de baloncesto que celebraremos o vindeiro 30 de setembro.Período de inscricións ata o 25 de setembro.

O teu equipo pode ser exclusivamente masculino, feminino ou mixto. Horario de tarde.

Baloncesto 3x3