XXXIX Campionato nacional de fútbol sala de PAS
A Universidade de Vigo comprácese en acoller o XXXIX Campionato nacional de fútbol sala do persoal de administración e servizos do 5 ao 10 de xuño de 2023 no campus de Ourense.
A organización deste torneo xorde en 1982 da man dun colectivo do PAS das universidades de Estremadura e de Granada co obxectivo de unir lazos profesionais e de amizade a través da celebración dunhas xornadas lúdico-deportivas. A iniciativa tivo éxito e en 1983 organizouse o primeiro campionato de fútbol sala coa participación do persoal de administración e servizos destas dúas universidades, ás que se foron sumando outras institucións académicas españolas nos anos posteriores.
Programa
Día | Hora | Actividade | Lugar |
5 de xuño | de 9.30 a 14.30 h | Fase de grupos | Pavillón universitario |
6 de xuño | de 9.30 a 14.30 h | Fase de grupos | Pavillón universitario |
17.00 h | Reunión de delegados | Sala do profesorado do Edificio de Facultades | |
18.00 h | Paseo institucional | Desde o campus ata o Concello de Ourense | |
19.00 h | Recepción e presentación do campionato | Concello de Ourense | |
7 de xuño | de 9.30 a 14.30 h | Fase de grupos | Pavillón universitario |
8 de xuño | de 9.30 a 14.30 h | Fase de grupos | Pavillón universitario |
de 9.30 a 14.30 h | Fase de grupos | Pavillón universitario | |
9 de xuño | de 9.30 a 14.30 h | Fase de grupos | Pavillón universitario |
21.30 h | Cea | Liceo de Ourense | |
10 de xuño | 11.00 h | Final | Pavillón universitario |
12.30 h | Entrega de premios e clausura do campionato | Pavillón universitario |
Máis información:
Pavillón universitario
As Lagoas, s/n
32004 Ourense
+34 988 817 198
depor-ou@uvigo.gal