A igualdade na UVigo

A Universidade de Vigo ten, entre os seus fins, «contribuír a unha sociedade xusta e igualitaria na cal se respecte a igualdade entre mulleres e homes». 

Para poder alcanzar este obxectivo, no ano 2006, creouse unha Unidade de Igualdade que se encarga de deseñar, impulsar, executar, seguir e avaliar as políticas públicas de igualdade universitarias e calquera outra medida necesaria para incorporar a perspectiva de xénero en todos os ámbitos da vida e da comunidade universitarias. 
 

Máis información:

Unidade de Igualdade 
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
igualdade@uvigo.gal
+34 986 813 419

Instagram