Medidas destacadas


O Observatorio de Igualdade

O Observatorio de Igualdade é unha fonte de información que  ten como obxectivo elaborar informes sobre as desigualdades existentes e as causas que as provocan para axudar a comprender a necesidade das políticas de igualdade adoptadas na organización e o fundamento delas.

De seguido están dispoñibles diferentes informes organizados por ano:

2023

2022

2021

2020

2019

 2017

2015

2014

2009

2007


O Distintivo de Igualdade

O Distintivo de igualdade xorde co fin de visibilizar e de recoñecer pública e institucionalmente o esforzo de moitas persoas que, na nosa universidade, loitan día a día por investigar, ensinar, transferir, xestionar e producir coñecemento científico, incorporando a mirada de xénero e feminista. Esta iniciativa pretende recoñecer o traballo dos centros, das escolas e das facultades no eido do fomento da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e, deste xeito, conquerir unha universidade máis humana, igualitaria e xusta.


Guía de boas prácticas


Acceso gratuíto a produtos menstruais

Desde marzo de 2021 a Universidade de Vigo facilita o acceso gratuíto a produtos menstruais nos tres campus universitarios. En cada escola e facultade hai instalado un dispensador que se activa coa tarxeta universitaria estudantil. Permite escoller entre tampóns e compresas, que se distribúen en caixas de tres unidades, ata un máximo de tres ao mes. 

Con esta medida, a Universidade de Vigo convértese en pioneira en todo o Estado español na aposta por achegar produtos de xestión menstrual de balde. Ademais, esta acción permite dar visibilidade e dignificar a menstruación e romper o tabú.


Itinerario formativo virtual en xénero

Esta iniciativa, que ten como finalidade satisfacer as necesidades de formación en xénero da comunidade universitaria foi desenvolvida pola Unidade de Igualdade e a Área de Formación e Innovación Educativa da Universidade de Vigo, co apoio financeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

 

Web do itinerario formativo virtual en xénero


Accións positivas na Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo aprobou dúas medidas de acción positiva para acabar con situacións de desigualdade detectadas na carreira investigadora. 

Estas medidas adóptanse para corrixir discriminacións e fendas de xénero provocadas por un sistema social machista e desigual.  


Axudas para realizar actividades docentes e de sensibilización

A Unidade de Igualdade impulsa un programa de axudas anual para o financiamento de actividades docentes e de sensibilización con perspectiva de xénero. 

Este programa pretende sensibilizar sobre a desigualdade de xénero, e as causas que a provocan, para implicar a toda a comunidade universitaria na consecución dun entorno máis xusto.  

Calquera persoa da comunidade universitaria pode presentar unha solicitude para organizar actividades de sensibilización. A partida de actividades docentes está restrinxida ao PDI. 


Campañas: 11F, 8M e 25N

A Universidade de Vigo debe darlles continuidade ás campañas institucionais de sensibilización arredor da celebración dos días 11 de febreiro (Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia), 8 de marzo (Día Internacional da Muller) e 25 de novembro (Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres). Tamén debe efectuar campañas de sensibilización sobre aspectos específicos das desigualdades de xénero entre mulleres e homes.
 

 

Máis información:

Unidade de Igualdade 
Edificio Ernestino Otero
As Lagoas, Marcosende
36300 Vigo
igualdade@uvigo.gal
+34 986 813 419

Instagram