25 N

Día Internacional contra a Violencia de Xénero 2021

UVigo - Igualdade 24/11/2021

O 25 de novembro reivindícase o Día Internacional contra a Violencia Machista, unha data que debe provocar unha reflexión colectiva profunda e unha acción efectiva urxente. Mentres isto non suceda, a cultura da violencia contra as mulleres seguirá presente na nosa sociedade.

Esta violencia contra as mulleres só se pode entender nun continuo cultural propio das sociedades patriarcais. Como sinalou o escritor uruguaio Eduardo Galeano «O medo do home á muller sen medo». 

A violencia sexual contra as mulleres é unha das estratexias patriarcais para perpetuar unha orde política desigual. Un maltrato co que convivimos en diferentes niveis de intensidade e que condiciona e limita as nosas vidas, desde o acoso sexual (nas rúas, nos espazos de traballo e en calquera ámbito onde nos relacionamos) ata os intentos de consumar un acto sexual ou calquera outro modo de coaccionar a sexualidade das mulleres. Comportamentos perigosamente asumidos como habituais ata o punto de que, en ocasións, nos resultan difíciles de identificar e de nomear como as violencias que son. 

Vivimos nun momento de crise e de cambio, un tempo desigual e feroz contra as mulleres, onde é preciso negociar, esta vez en igualdade, un novo pacto social e sexual. Lembramos a María Zambrano e facemos nosas as súas palabras e o seu pensamento, que a «utopía actúe como o espazo mental onde se poida vivir en paz con tranquilidade moral». Temos a oportunidade histórica de cambiar o presente e de imaxinar un futuro que acolla unha vida mellor: máis xusta, máis harmónica e, por tanto, feminista.

Este é o compromiso da Universidade de Vigo neste 25 N. Necesitamos facelo real. Con homes feministas, mulleres sen medo. 

 

Manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria (RUIGEU)

25 de novembro de 2021

A violencia contra as mulleres é a máxima expresión da desigualdade de xénero no mundo, considerada así na IV Conferencia Mundial sobre a Muller (Pequín 1995) e cuxa erradicación é a meta do obxectivo de desenvolvemento sostible número 5 na Axenda 2030: «Eliminar todas as formas de violencia contra todas as mulleres e as nenas nos ámbitos público e privado, incluídas a trata, a explotación sexual e outros tipos de explotación».

As universidades, como xeradoras e transmisoras de coñecemento e de valores, e as súas unidades ou oficinas de igualdade, designadas legalmente como estruturas de apoio e integradas na Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria (RUIGEU), reiteramos o noso compromiso coa loita contra todo tipo de violencia sobre as mulleres.

Por iso, manifestamos que constitúe un dos nosos obxectivos prioritarios colaborar cos poderes públicos e coa sociedade no seu conxunto para contribuír a eliminar calquera forma de violencia contra as mulleres, que adquire maior crueldade a través da «violencia vicaria»: aquela exercida sobre os seres queridos, en especial fillas e fillos que son considerados un medio ou instrumento para causar a máxima dor. Este tipo de violencia considera ás e aos menores como «un medio ou un instrumento para causar a máxima dor e sufrimento á nai», e son utilizados frecuentemente como un «método de ameaza».

Desde o ámbito universitario, as unidades de igualdade traballamos para a prevención da violencia contra as mulleres. O acoso sexual ou por razón de sexo na esfera laboral e académica, os abusos e agresións sexuais en contornas festivas, a violencia psicolóxica, punto de partida doutras violencias materiais, e todo tipo de discriminacións, directas ou indirectas, é obxecto do noso esforzo para a súa eliminación.

A política e cultura universitaria de tolerancia cero desenvólvese mediante os protocolos contra os diferentes tipos de acoso e violencias, os plans de igualdade, as campañas de sensibilización e concienciación, a formación de todo o colectivo universitario, a procura de novas accións e medios que atendan ás vítimas, a planificación de programas para cooperar e impulsar novas iniciativas, son a nosa maneira de contribuír á consecución da igualdade efectiva e á erradicación das formas de violencia nas nosas universidades e na sociedade á que servimos.

Mentres siga existindo esta dramática realidade, as universidades comprometémonos a que todos os días do ano sexan 25 de novembro.

Manifesto con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

Madrid, 25 de novembre de 2021

A violencia contra as mulleres é a máxima expresión da desigualdade de xénero no mundo. Así se considerou na IV Conferencia Mundial sobre a Muller (Beijing, 1995) e a súa erradicación é unha das metas do obxectivo de desenvolvemento sostible número 5 da Axenda 2030: «Eliminar todas as formas de violencia contra todas as mulleres e as nenas nos ámbitos público e privado, incluído a trata, a explotaxión sexual e outros tipos de explotación».

As universidades, como xeradoras e transmisoras de coñecemento e de valores, a través das Universidades Españolas Crue e das unidades e as oficinas de Igualdade, legalmente designadas como estruturas de apoio e integradas na Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU ), reiteramos o noso compromiso coa loita contra todo tipo de violencia contra as mulleres.

Por iso, declaramos que é un dos nosos obxectivos prioritarios colaborar cos poderes públicos e coa sociedade no seu conxunto para contribuír a eliminar calquera forma de violencia contra as mulleres. Este ano queremos alertar sobre a denominada «violencia vicaria», que exercen os maltratadores contra os seres queridos das vítimas, especialmente as súas fillas e fillos, como medio para causar o máximo de dor e sufrimento.

Desde o ámbito universitario, Universidades Españolas Crue (a través da delegada de Políticas de Igualdade e do Grupo de Traballo de Políticas de Xénero) traballa conxuntamente coas unidades de igualdade na prevención da violencia contra as mulleres. O noso esforzo conxunto céntrase na eliminación do acoso sexual ou por razón de sexo no ámbito laboral e académico, do abuso e das agresións sexuais en ambientes festivos, da violencia psicolóxica, punto de partida doutras violencias materiais e de todo tipo de discriminación, directa ou indirecta.

A política universitaria e a cultura de tolerancia cero desenvólvese a través de protocolos contra os distintos tipos de acoso e de violencia, plans de igualdade, campañas de sensibilización e de concienciación, a formación de toda a comunidade universitaria, a busca de novas accións e medios que atendan as vítimas ou a planificación de programas para cooperar e promover novas iniciativas. Esta é a nosa forma de contribuír á consecución da igualdade efectiva e á erradicación das formas de violencia nas nosas universidades e na sociedade que servimos. Mentres continúe esta dramática realidade, as universidades comprometémonos a que todos os días do ano sexan o 25 de novembro.


Vídeos

Co gallo do 25 N, a Unidade de Igualdade presenta unha pezas audiovisuais co obxectivo de concienciar e previr calquera manifestación de violencia sexual na comunidade universitaria da UVigo.



Pensa en lila. Pon fin ás violencias machistas

Necesitamos identificar comportamentos violentos que, aínda que sexan moi habituais, moitas veces nos pasan desapercibidos. Coaccionar a sexualidade das mulleres é violencia machista.



Que é a violencia machista?

Velaquí un recurso formativo e de sensibilización para coñecer a que nos referimos cando falamos de violencia machista e as súas dimensións.



Pode ser unha gran noite! 

Sabes gozar dun encontro igualitario e desexado? Se queres comprobalo, inténtao a través do vídeo interactivo "Pode ser unha gran noite" da Universidade de Vigo, no que deberás tomar as decisións necesarias para que así sexa. Queres probar? 



 

 


O 25 N noutras institucións

 

Máis información:

Unidade de Igualdade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 419​
​​​​​​igualdade@uvigo.gal

Instagram