DE OUTUBRO A DECEMBRO

Ciclo de cinema: a lingua galega no cinema

UVigo - ANL 22/10/2024

A Universidade de Vigo presenta a segunda parte do Ciclo de cinema: a lingua galega no cinema.

A programación inclúe cinco proxeccións enmarcadas nos ámbitos da literatura, da animación e da historia do cinema en lingua galega. 

  • 23 de outubro
    A lingua da historia
    O corno
  • 30 de outubro
    A lingua animada
    Unicorn Wars
  • 6 de novembro
    A lingua da literatura
    Julio Camba, o home que non quería ser nada
  • 13 de novembro
    A lingua nas curtamestraxes
    Matria, Atalaia/Piueiro, Alguén me chamou Serpe Negra, Habitar e Antes de que se poña o sol
  • 4 de decembro
    A lingua do cine e da historia
    A muller romana na Gallaecia

Todas as proxeccións terán lugar ás 19.00 h no auditorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Edificio Cambón), na rúa da Oliva, 3, en Vigo.

A entrada é de balde ata completar a capacidade.
 

Programa


Novas:


 

Máis información:

Vicerreitoría de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586
vice.extension@uvigo.gal