Campus da Auga

Campus Auga

O Campus Auga é un proxecto da Universidade de Vigo, que conta co apoio da Xunta de Galicia e representa unha oportunidade para establecer no campus de Ourense un campus líder en temáticas da auga, con capacidade para expandir a súa plataforma de investigación e innovación e para obter novas fontes de financiamento que aseguren o seu papel na comunidade internacional de educación superior e garanta a súa sustentabilidade a longo prazo.

Visión

O Campus Auga pretende dotar de personalidade propia e identidade científica ao campus de Ourense a través da creación dun campus universitario con capacidade de proxección exterior e de creación de valor económico e social como motor de desenvolvemento territorial na provincia de Ourense, tendo como base a temática da auga.

Misión

O Campus Auga leva a cabo unha actividade docente, investigadora e de transferencia de excelencia no ámbito da xestión integral e do aproveitamento de recursos hídricos, creando en Ourense un ecosistema que facilita o intercambio de coñecemento e a competitividade da provincia. A misión do Campus Auga é a de ser o dinamizador dunha rede multidisciplinar e integrada de unidades de investigación, docencia e transferencia de tecnoloxía e coñecemento.

 

Visita o Campus Auga