
Estudar en Ourense
No campus de Ourense impártense actualmente 16 títulos de grao, 14 mestrados universitarios, e 7 programas de doutoramento nun total de oito centros, que abarcan todos os ámbitos de coñecemento
Cómpre salientar que neste Campus se ofertan simultaneidades de estudos entre o Grao en Dereito e o Grao en ADE, o Grao en Informática e o Grao en ADE, e o Grao en Turismo e o Grao en Xeografía e Historia, o que lle confire singularidade dentro do sistema universitario de Galicia.
Titulacións de grao
Programas conxuntos (dobres graos)
- Grao en Administración e Dirección de Empresas e Grao en Enxeñaría Informática
- Grao en Administración e Dirección de Empresas e Grao en Dereito
- Grao en Turismo e Grao en Xeografía e Historia
Titulacións de máster
- Profesorado en ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas
Programas de doutoramento
- Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento
- Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria
- Ecosistemas Terrestres, Uso Sustentable e Implicacións Ambientais
- Sistemas de Software Intelixentes e Adaptables
- Ciencias da Educación e do Comportamento
- Ciencias Sociais e Envellecemento
- Turismo
Programa universitario de maiores
Dentro do marco xeral dos programas de formación das aulas de formación aberta da Universidade de Vigo desenvólvese o Programa para maiores: un proxecto de desenvolvemento científico-cultural dirixido a promover a ciencia e a cultura nas persoas maiores, teñan ou non titulación, ao mesmo tempo que as relacións interxeracionais.
Para máis información, podes contactar coa Área de Servizos á Comunidade do Campus de Ourense
asc-ou@uvigo.es
+34 988 387 102