Campus Vigp

Deporte en Vigo

Coñece as instalacións deportivas do campus e os deportes que nelas podes practicar

INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO CAMPUS:

Podes practicar moitos dos teus deportes favoritos nalgunha das múltiples instalacións deportivas das que dispón o campus: salas multiusos, pista polideportiva cuberta, área de tenis de mesa, muro de escalada, sala cardio-fitness, 5 pistas de tenis, campo de herba sintética, campo de herba natural, pista de atletismo, circuito de running... 

O aluguer das pistas é gratuíto para a comunidade universitaria durante todo o horario de apertura da instalación. O acceso á sala cardio-fitness é moi doado co abono muver que proporciona ademais acceso gratuito á unha ampla variedade de actividades dirixidas sen custe adicional.
 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO CAMPUS:

Deporte para todas e todos, actividades acuáticas, deportes de aventura, rutas culturais, competicións (internas, interuniversitarias, federadas…), actividades dirixidas,... son parte principal das actuacións programadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte.
 

XESTIÓNS:

A través da páxina web campusactivo.uvigo.gal poderedes xestionar os seguintes servizos:

Para máis información, podes contactar con: 
Sección de Extensión Universitaria 
extension@uvigo.es
+34 986 813 626