Explora o campus de Vigo

A cidade universitaria de Vigo inspírase no ideal de cidade académica co que se desenvolven moitas universidades estadounidenses.

No campus mestúranse edificios docentes, administrativos e áreas residenciais e deportivas, con complexos científicos e de lecer que enriquecen o día a día universitario. A piscina, o ximnasio ou o centro comercial son exemplos dalgúns dos servizos que permiten aproveitar ao máximo as posibilidades deste campus, apartado da trasfega urbana, pero moi ben comunicado co centro da cidade.

 

Enderezo postal

Campus universitario de Vigo. As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

 

Centros no campus As Lagoas, Marcosende 

 

O campus urbano de Vigo

No centro urbano de Vigo sitúase o campus cidade na rúa de Torrecedeira. 

Nel atoparás a Escola de Enxeñaría Industrial, a Escola Universitaria de Estudos Empresariais e outras instalacións e servizos para o estudantado, como a biblioteca. 

 

 

Centros no campus de Vigo (cidade)

Para máis información, podes contactar coa Sección de Información ao Estudantado 
sie@uvigo.es
+34 986 813 630