Comunidade de voluntariado

Tanto as entidades sen ánimo de lucro como as persoas a título individual que formen parte da comunidade universitaria poden pertencer á familia de voluntariado da Universidade de Vigo.

Mediante a adhesión, as entidades sen ánimo de lucro, legalmente constituídas e dotadas de personalidade xurídica que desenvolvan programas ou proxectos de voluntariado no marco das áreas de interese xeral poderán beneficiarse de persoal voluntario, inscrito na Universidade de Vigo, mediante a súa adhesión para o desenvolvemento de actividades de interese xeral (servizos sociais, persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, saúde, toxicomanías, medio ambiente, educación, cultura, ocio e tempo libre, consumo, defensa dos dereitos, infancia, xuventude, muller, persoas maiores, cooperación internacional e calquera outra que responda á natureza e fins da actuación do voluntariado).

Os servizos ou áreas da Universidade de Vigo tamén poderán beneficiarse do persoal voluntario, inscrito na Universidade de Vigo, mediante a súa adhesión para o desenvolvemento de actividades de interese xeral.

As entidades deberán asinar un Convenio de Colaboración e unha addenda onde se especifica o proxecto de voluntariado (se desexan a colaboración en varios proxectos/programas, deberán asinar unha addenda por cada un dos proxectos de voluntariado).

Deberá porse en contacto coas seguintes áreas (os teléfonos e emails aparecen ao final):

  • Campus de Vigo: Sección de Extensión Universitaria
  • Campus de Pontevedra: Área de Servizos á Comunidade.
  • Campus de Ourense: Área de Servizos á Comunidade.

 

Modelo de convenio e addenda-anexo para o desenvolvemento de programas de voluntariado con entidades sen ánimo de lucro

 

Cando a persoa voluntaria remate o voluntariado, a entidade colaboradora ten que remitir un documento no que fai constar coas horas de voluntariado:

Se queres ser unha persoa voluntaria tes que ser membro da comunidade universitaria e en virtude da túa decisión persoal, libre e altruísta e mais nunha situación de inexistencia de relación laboral, mercantil ou de traballo remunerado, participar en calquera proxecto voluntario mediante unha entidade de acción voluntaria.

Que tes que facer?

  • Tes que elixir o proxecto ou o programa no que queres incorporarte como voluntariado.
  • Poñerte en contacto coa entidade colaboradora, co servizo ou coa área da Universidade de Vigo onde queres incorporarte para coñecer o horario, o lugar e todo o que necesites saber.
  • Unha vez que tes claro a túa incorporación nunha acción de voluntariado, tes que porte en contacto co servizo ou área que xestiona o voluntariado segundo o campus ao que pertences:
  1. Campus de Vigo: Sección de Extensión Universitaria.
  2. Campus de Pontevedra: Área de servizos á comunidade.
  3. Campus de Ourense: Área de servizos á comunidade.

Aquí  poñerémosnos en contacto contigo para ampliarte toda a información que precises sobre os trámites a seguir, a formación básica e específica e demais temas.

Agardámoste!

Para máis información, podes contactar con:

Campus de Vigo   
Sección de Extensión Universitaria
+34 986 813 626
extension@uvigo.es

Campus de Ourense
Área de Servizos á Comunidade                 
+34 988 387 102
+34 988 387 089
asc-ou@uvigo.es

Campus de Pontevedra
Área de Servizos á Comunidade               
+34 986 801 949
+34 986 801 955
asc-po@uvigo.es