Adhesión de entidades

Mediante a adhesión, as entidades sen ánimo de lucro, legalmente constituídas e dotadas de personalidade xurídica que desenvolvan programas ou proxectos de voluntariado no marco das áreas de interese xeral poderán beneficiarse de persoal voluntario, inscrito na Universidade de Vigo, mediante a súa adhesión para o desenvolvemento de actividades de interese xeral (servizos sociais, persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, saúde, toxicomanías, medio ambiente, educación, cultura, ocio e tempo libre, consumo, defensa dos dereitos, infancia, xuventude, muller, persoas maiores, cooperación internacional e calquera outra que responda á natureza e fins da actuación do voluntariado).

Os servizos ou áreas da Universidade de Vigo tamén poderán beneficiarse do persoal voluntario, inscrito na Universidade de Vigo, mediante a súa adhesión para o desenvolvemento de actividades de interese xeral.

As entidades deberán asinar un convenio de colaboración e unha addenda onde se especifica o proxecto de voluntariado (se desexan a colaboración en varios proxectos/programas, deberán asinar unha addenda por cada un dos proxectos de voluntariado).

 

Para máis información, podes contactar con:

Campus de Vigo   
Sección de Extensión Universitaria
+34 986 813 626
extension@uvigo.es

Campus de Ourense
Área de Servizos á Comunidade    +34 988 387 102 | 988 387 089
asc-ou@uvigo.es

Campus de Pontevedra
Área de Servizos á Comunidade     +34 986 801 949 | 986 801 955
asc-po@uvigo.es