Comunidade de voluntariado

Faite voluntario ou voluntaria

Se queres ser unha persoa voluntaria tes que ser membro da comunidade universitaria e, en virtude da túa decisión persoal, libre e altruísta, participar en calquera proxecto de voluntariado mediante unha entidade de acción voluntaria.

Como alumnado tes dereito ao recoñecemento de créditos ECTS por compartir horas do teu tempo. Podes validar 30 horas de voluntariado por 1 crédito ECTS.
 

Que tes que facer?
 

  1. Tes que elixir o proxecto ou o programa no que queres incorporarte como voluntariado.
     
  2. Poñerte en contacto coa entidade colaboradora ou co servizo ou coa área da Universidade de Vigo onde queres incorporarte para coñecer o horario, o lugar e todo o que necesites saber.
     
  3. Unha vez que tes claro a túa incorporación nunha acción de voluntariado, tes que inscribirte no seguinte enlace Programas de Voluntariado onde aparecen todos os proxectos en vigor, selecciona no que estás interesado e inscríbete.
     

Calquera dúbida podes porte en contacto co servizo ou área que xestiona o voluntariado segundo o campus ao que pertences (os teléfonos e correos electrónicos aparecen ao final):

  • Campus de Vigo: Sección de Extensión Universitaria.
  • Campus de Pontevedra: Área de Servizos á Comunidade.
  • Campus de Ourense: Área de Servizos á Comunidade.

Aquí recibiremos a túa solicitude e en breve poñerémonos en contacto contigo para ampliarche toda a información que precises sobre os trámites a seguir, a formación básica e específica e demais temas.

Cando o voluntariado se leve a cabo con menores é preciso que aportes un certificado negativo de delitos de natureza sexual. Na páxina do Ministerio de Xustiza explícache que é e como tramitalo.

Agardámoste!
 

Proxectos de voluntariado

Podes escoller un proxecto de voluntariado entre os que temos como propios (Uvigo) ou con diversas entidades colaboradoras da contorna, premendo no seguinte enlace:

Programas de voluntariado

Para máis información, podes contactar con:

Campus de Vigo   
Sección de Extensión Universitaria
+34 986 813 626
extension@uvigo.es

Campus de Ourense
Área de Servizos á Comunidade     +34 988 387 102 | 988 387 089
asc-ou@uvigo.es

Campus de Pontevedra
Área de Servizos á Comunidade     +34 986 801 949 | 986 801 955
asc-po@uvigo.es