Unha imaxe dunha conta atrás clásica de cine vai no número 7

Cinema

This content is currently not available in English

A programación artística e cultural da Universidade de Vigo inclúe diversos ciclos de cinema, proxeccións, cursos e obradoiros en que se tratan materias de interese formativo para o alumnado

Cinema en Pontevedra

Este ciclo de cine ten como obxectivo recoñecer a potencialidade reflexiva do cine, asimilar a súa transmisión conceptual e temática e comprender o seu rol ideolóxico nas diferentes épocas. 

Entre os meses de novembro e de xaneiro, o ciclo organízase en sete sesións complementadas dunha presentación e dun coloquio, que terán lugar na Casa das Campás, a partir das 19.00 h, os venres 7, 14 e 28 de novembro, 19 de decembro e 16, 23 e 30 de xaneiro.

A Vicerreitoría do Campus de Pontevedra participa na organización do ciclo Novos Cinemas, reafirmando o seu compromiso coa promoción da cultura, a creación audiovisual e o apoio ao talento emerxente. Esta colaboración contribúe a consolidar Pontevedra como un espazo de referencia para o cinema contemporáneo e para o diálogo entre creadoras, profesionais e público. 


Cinema en Vigo

En outubro e en decembro desenvolverase a segunda edición do Ciclo de cinema: a lingua galega no cinema que organiza a Universidade de Vigo, co apoio da Deputación de Pontevedra e do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. As proxeccións terán lugar no auditorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Edificio Cambón), na rúa da Oliva, 3, en Vigo. A entrada é de balde ata completar a capacidade.

 

Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:

Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal

Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.gal

Campus de Pontevedra
+34 986 801 949 | 986 801 955
asc-po@uvigo.gal