Christmas concert

This content is currently not available in English

O concerto de Nadal da Universidade de Vigo é por méritos propios un referente na música galega

Ao longo da súa historia, ten reunido as mellores voces e músicas do país, acompañadas por artistas nacionais e internacionais, que conxuntamente fan deste un concerto único e exclusivo. A Universidade de Vigo ofrece á cidadanía con este concerto, un espectáculo inesquecible nas tradicionais datas de Nadal. 
 
Nas súas últimas edicións, o concerto de Nadal da Universidade de Vigo acolleu a música, narración, historia e vangarda de artistas consolidadas como Cristina Pato, que cun concerto en homenaxe ao Pergamiño Vindel no Teatro Afundación de Vigo en 2018, co músico Anxo Pintos, coa violinista Begoña Riobó, a cantante de hip-hop Wöyza, co Coro da Mariña dirixido por Ugía Pedreira e Pierrot Rougiern. Outras artistas consolidadas da música que participaron nas últimas edicións do concerto de Nadal foron Guadi Galego e Sonia Lebedynski, Abe Rábad, Santi Cribeiro, Pablo Pascual ou Javier Ruibal.

Ao abeiro dun convenio de colaboración asinado no ano 2022 entre a Universidade de Vigo e a Orquestra Clásica de Vigo, o Concerto de Nadal correrá a cargo deste conxunto durante tres anos de xeito rotatorio entre os diferentes campus universitarios. Este ano correspóndelle ao campus de Vigo.

Para máis información, podes contactar con:

Campus de Vigo   
Sección de Extensión Universitaria
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal

Campus de Ourense
Área de Servizos á Comunidade                 
+34 988 387 102 | 988 387 089
asc-ou@uvigo.gal

Campus de Pontevedra
Área de Servizos á Comunidade               
+34 986 801 949 | 986 801 955
asc-po@uvigo.gal