Dúas estudantes con libros no exterior do MTI

Docencia e formación con perspectiva de xénero

A perspectiva de xénero na docencia do ensino superior é una das estratexias fundamentais para promover a igualdade efectiva entre mulleres e homes.

Na actualidade, existe un prolífico marco normativo que así o indica: a Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, a Lei 14/2011, de ciencia, tecnoloxía e innovación, a Lei 6/2013, do 13 de xuño, do sistema universitario de Galicia, o actual Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e os sucesivos plans de igualdade da propia Universidade de Vigo, entre outros.

Unha docencia con perspectiva de xénero estimula o pensamento crítico e promove a igualdade de xénero e a Universidade de Vigo debe converterse nun referente social e situar a igualdade entre mulleres e homes no eixo central da nosa institución.


Itinerario formativo virtual en xénero

Esta iniciativa, que ten como finalidade satisfacer as necesidades de formación en xénero da comunidade universitaria foi desenvolvida pola Unidade de Igualdade e a Área de Formación e Innovación Educativa da Universidade de Vigo, co apoio financeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Para máis información, preme na seguinte ligazón:
 

Web do Itinerario formativo virtual en xénero 

 

Xornada Universitaria Galega en Xénero

Desde 2013, as unidades de igualdade de xénero das tres universidades galegas traballamos conxuntamente para facer realidade as Xornadas Universitarias Galegas en Xénero (Xugex), que constitúen un punto de encontro e reflexión para o persoal docente e investigador que traballa con perspectiva de xénero.

A continuación enumeramos todas as edicións que tiveron lugar ata a actualidade: 

  • I Xornada Universitaria Galega en Xénero. Roles de xénero en tempos de crise.

    En Universidade de Santiago de Compostela os días 20 e 21 de xuño de 2013. 
    Máis información aquí
     
  • II Xornada Universitaria Galega en Xénero.

    En Universidade da Coruña o día 12 de xuño de 2014.
    Máis información aquí.
     
  • III Xornada Universitaria Galega en Xénero. Trazos de xénero no século XXI.

    En Universidade de Vigo o día 5 de xuño de 2015.
    Máis información aquí
     
  • IV Xornada Universitaria Galega en Xénero. Perspectiva de xénero na docencia universitaria.

    En Universidade de Santiago de Compostela o día 15 de xullo de 2016.
    Máis información aquí
     
  • V Xornada Universitaria Galega en Xénero. Transformando dende a Universidade.

    En Universidade de Vigo o día 7 de xullo de 2017.
    Máis información aquí.
     
  • VI Xornada Universitaria Galega en Xénero. (Re)Construíndo o coñecemento. 

    En Universidade da Coruña o día 14 de xuño de 2019.
    Máis información aquí. Podes consultar as actas desta edición aquí.

Para máis información, podes contactar con:

 
Unidade de Igualdade 
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
igualdade@uvigo.gal
+34 986 813 419

Instagram