VI XORNADA UNIVERSITARIA GALEGA EN XÉNERO. (RE)CONSTRUÍNDO O COÑECEMENTO

14 de xuño de 2019, A Coruña

UVigo - Equality 28/02/2019

Desde 2013, as unidades de igualdade de xénero das tres universidades galegas traballamos conxuntamente para facer realidade a sexta edición da Xornada Universitaria Galega en Xénero, punto de encontro e reflexión para o persoal docente e investigador que traballa con perspectiva de xénero.

Nesta sexta edición centrarémonos na necesidade das investigacións feministas e de xénero, así como na práctica docente como medio idóneo para a transmisión de valores igualitarios. Como nas edicións anteriores, abrimos a convocatoria ao persoal docente e investigador de fóra do ámbito do sistema universitario galego.

  • Data: 14 de xuño de 2019
  • Lugar: A Coruña

Obxectivos

  • Impulsar a aplicación da transversalidade de xénero como un criterio de calidade académica.
  • Intercambiar experiencias entre o persoal docente e investigador que xa integre a perspectiva de xénero na súa práctica docente e/ou investigadora e quen teña interese en incorporala.
  • Potenciar experiencias innovadoras que inclúan a perspectiva de xénero como un eixe de traballo.
  • Promover a creación de redes de colaboración multidisciplinares para integrar a perspectiva de xénero na actividade universitaria.

Estrutura 

  • Conferencia inaugural.
  • Exposición de comunicacións (de forma oral ou en sesión póster).

Áreas temáticas

As propostas presentaranse a través do formulario de comunicación que se enviará ás direccións electrónicas anteriores en función da temática.

Prazo límite para presentar propostas de comunicación: 3 de maio de 2019


Publicación

Realizarase unha publicación dos traballos presentados e defendidos (de forma oral ou na sesión póster) que disporá de ISBN.


Inscrición

A inscrición será gratuíta e aberta ata completar a capacidade. Realizarase mediante o formulario de inscrición. O prazo remata o 3 de xuño.