Inspira STEAM

This content is currently not available in English

Inspira STEAM é un proxecto pioneiro para o fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas, baseado en accións de sensibilización e orientación, que imparten mulleres profesionais do mundo da investigación, a ciencia e a tecnoloxía. Trátase da primeira vez que se emprega a técnica do mentoring grupal nun proxecto de fomento das STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths) entre estudantes de primaria.

O corazón do noso proxecto son as mentoras, que de maneira voluntaria, achegan a súa día a día a nenas e nenos a través de 6 sesións de traballo en horario lectivo. Todas elas son científicas e tecnólogas que desenvolven a súa actividade profesional en diferentes ámbitos: académico, empresarial, investigación, xestión, etc.

Durante as sesións de traballo abórdanse temas como os estereotipos que nos rodean, o traballo ou mulleres e ciencia ao longo da Historia. Con estes encontros entre mentora e nenas quérese axudar a disipar dúbidas e obxeccións sobre as profesións en ciencia e tecnoloxía, a clarificar as súas motivacións e a afianzar a súa autoestima para iniciar o devandito camiño profesional, se así o desexan.

Inspira STEAM nace da necesidade de promocionar vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado e da urxencia de facelo entre as nenas. O número de estudantes que optan por unha formación en tecnoloxía decrece cada ano. E se nos referimos ao colectivo feminino, os datos agudízanse aínda máis. A pesar de que o 54,3% do total de estudantes do sistema universitario español son mulleres, a súa presenza nas titulacións técnicas como Enxeñería e Arquitectura decae ao 26,4%.

 

Páxina web de Inspira STEAM