Actividades de divulgación científica

This content is currently not available in English

Para os centros de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao superior, a nosa universidade oferta sesións temáticas de carácter científico-divulgativo. Nesta actividade, un profesor ou profesora da Universidade de Vigo desprazarase ao centro educativo, previa petición, para oferecer unha charla sobre o tema solicitado. O obxectivo é expoñerlle ao alumnado, de xeito ameno, a utilidade no mundo actual e na vida cotiá de diversos sistemas, ferramentas e aplicacións de carácter científico e tecnolóxico. Así mesmo, estas sesións tamén buscan explicar o desenvolvemento de investigacións postas en marcha na Universidade de Vigo que poidan despertar o interese do alumnado polos estudos humanísticos, a ciencia e a tecnoloxía.

 

Máis información:
​​​​​
Área de Captación de Alumnado
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 130 270
tecnica.captacion@uvigo.gal