Bolsas de ampliación de estudos de posgrado no extranxeiro da Fundación Ramón Areces
A Fundación Ramón Areces concederá, en réxime de concorrencia competitiva, 24 bolsas para a realización de estudos de posgrao en universidades e centros de investigación no estranxeiro durante o curso 2020/2021 en materias de economía e dereito da Unión Europea.
Requisitos
- Posuír nacionalidade española.
- Posuír un título de grao, licenciatura ou máster.
- Poderá solicitar a bolsa o estudantado que estea a cursar o último curso das titulacións mencionadas nunha universidade española ou dun país do EEES.
- Coñecemento excelente do idioma no que se desenvolvan os estudos ou a investigación.
Duración das bolsas
A duración da axuda será por un curso académico, susceptible de prórroga por un curso máis, suxeita á decisión do Patronato da fundación e previa solicitude da persoa interesada.
Dotación económica
- 1800 euros mensuais netos
- Gastos de inscrición e matrícula
- Gastos de viaxe anual de ida e volta
- Seguro que inclúe incidencias do viaxe e gastos médicos durante a estancia.
Información e solicitudes
O período de inscrición permanecerá aberto do 10 de febreiro ao 16 de marzo de 2020.
Máis información aquí.