Bolsas do Banco de España para estudos de posgrao en economía
O Banco de España ofrece cinco bolsas dirixidas a persoas con titulación universitaria e a alumnado de último curso que desexen ampliar os seus coñecementos no marco económico mediante a realización de estudos de posgrao oficiais, durante o curso académico 2020/2021.
As bolsas destinaranse a financiar a ampliación de estudos no estranxeiro ou en España, sobre temas de economía, especialmente sobre cuestións relativas a teoría macro e microeconómica, economía monetaria e financeira, economía internacional, econometría, e a materias relacionadas coa innovación tecnolóxicas nestes campos.
No caso das persoas candidatas que aínda non finalizaron os seus estudos, as bolsas entenderanse condicionadas a que posúan a titulación antes do 1 de setembro de 2020.
Duración
As bolsas terán unha duración máxima de dous cursos académicos.
Dotación económica
As bolsas dotaranse cos seguintes importes:
- Dereitos de inscrición e matrícula na correspondente universidade ou centro académico.
- Dotación anual (importes brutos):
- 29.000 dólares para os estudos realizados en Estados Unidos.
- 18.500 libras esterlinas para os estudos realizados no Reino Unido.
- 21.500 euros para os estudos realizados en España e no resto dos países europeos.
O importe da bolsa abonarase en tres pagos de idéntico importe. O primeiro pago farase efectivo ao comezo do curso académico, o segundo no mes de xaneiro e o terceiro en abril.
Información e solicitudes
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 15 de febreiro de 2020.
Máis información aquí.