Bolsas Culturex de formación práctica en xestión cultural no exterior

UVigo - Employ 07/05/2019

O Ministerio de Cultura e Deporte convoca, en réxime de concorrencia competitiva, 15 bolsas de formación práctica en xestión cultural para mozos e mozas españois en institucións culturais no exterior e na Representación Permanente de España ante a UNESCO e a Representación de España ante a Unión Europea correspondentes ao ano 2019. As bolsas desenvolveranse a partir de outubro de 2019.

Requisitos

  • Ter nacionalidade española.
  • Posuír titulación de grao ou licenciatura.
  • Posuír unha titulación de posgrao en áreas de xestión cultural.
  • Acreditar un nivel mínimo de B2 do idioma oficial no país de destino (requisito non esixible en países de fala española).
  • Non ter cumpridos os 35 anos de idade o 31 de decembro de 2019.

Contías

A contía mensual dependerá do destino da bolsa elexida:

  • Destinos en Londres ou París: 1800 euros brutos mensuais.
  • Resto de destinos europeos: 1480 euros brutos mensuais.
  • América: 2050 euros brutos mensuais.

Prazo de presentación de solicitudes ata o 24 de maio de 2019.
Máis información no BOE 4 de maio 2019.