Bolsas de formación no Consello Galego de Consumidores e Usuarios 

UVigo - Employ 14/01/2020

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia convoca, en réxime de concorrencia competitiva, dúas bolsas de formación práctica en materia de consumo dentro do programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios. 

Descrición das bolsas

  • A duración das bolsas é de máximo 12 meses, desde da incorporación da persoa bolseira ata o 30 de decembro de 2020.
  • A contía das bolsas é de 900 € brutos mensuais.
  • Unha bolsa vai dirixida a persoas tituladas en grao ou licenciatura en Dereito. Máis información.
  • Unha bolsa vai dirixida a persoas tituladas en grao ou licenciatura en Marketing e Comunicación Dixital, Publicidade, Xornalismo, Comunicación, Marketing, Relacións e Comunicación Institucional ou equivalentes. Máis información.
  • As persoas solicitantes deberán estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematados os estudos conducentes a el no ano 2007 ou posterior.
  • Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
  • Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.

Solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 13 de febreiro de 2020.