Bolsas Santander Power Job – Formación en liña

UVigo - Employ 07/05/2020

No escenario actual de dificultades para o emprego a causa da covid-19, a Fundación Universia ofrece 2000 bolsas para mozos e mozas de 20 a 35 anos, especialmente para aqueles que perderan o seu emprego recentemente, para realizar un curso en liña de alta calidade que lles permita desenvolver os seus coñecementos e as súas habilidades fundamentais para potenciar e mellorar a súa empregabilidade.

Durante o curso formativo, as persoas participantes desenvolverán un conxunto de coñecementos e de experiencias sobre como entender o novo mercado laboral, coñecerse mellor profesionalmente, explotar a súa rede de networking, identificar oportunidades, cumprir obxectivos a través da metodoloxía de OKR´s, ser unha persoa experta en Linkedin e mellorar o seu CV.

O curso formativo impartirase en liña e terá unha duración de 5 semanas.

Prazo de inscrición ata o 18 de maio de 2020.

Máis información aquí.