Bolsas Shuman no Parlamento Europeo 

UVigo - Employ 30/04/2019

O Parlamento Europeo convoca as bolsas Shuman en dous períodos de prácticas e cunha duración de cinco meses non prorrogables. 

Requisitos

  • Ter máis de 18 anos.
  • Posuír algunha titulación universitaria.
  • Cumprir os requisitos lingüísticos.
  • Achegar un certificado de antecedentes penais válido.
  • Non traballar máis de dous meses consecutivos nunha institución ou órgano da Unión Europea con anterioridade.
  • Non efectuar unha visita de estudos ou de investigacións específicas menos de seis meses antes do inicio do período de prácticas.

Prazos de inscrición

  • Prazo de solicitude para o período de prácticas do 1 de outubro ao 28/29 de febreiro: 1 de xuño - 30 de xuño.
  • Prazo de solicitude para o período de prácticas do 1 de marzo ao 31 de xullo: 1 de novembro - 30 de novembro.

Máis información e inscrición aquí.