Convocatoria de 150 prazas ao Corpo de Xestión da Administración da Seguridade Social

UVigo - Employ 30/04/2019

O Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social convoca 150 prazas de acceso libre ao Corpo de Xestión da Administración da Seguridade Social. O proceso selectivo constará de oposición e curso selectivo.

Requisitos

Posuír o título de Grao, Enxeñaría Técnica, Arquitectura Técnica ou Diplomatura Universitaria ou cumprir as condicións para obtelo na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Prazo de presentación de solicitudes

Ata o 27 de maio de 2019. 

Máis información no BOE 26 de abril 2019.