Cursos de idiomas en Europa durante o verán 

UVigo - Employ 28/01/2020

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 142 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2020 dirixida ao alumnado matriculado no curso 2019/20 nalgunha das universidades do Sistema universitario de Galicia co obxecto de coñecer a lingua dese país.


As estadías realizaranse entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2020 e a dotación económica de cada bolsa será dun máximo de 1000 €.

Requisitos

  • Estar matriculado no curso 2019/2020, como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, validados ou adaptados, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos en data 30 de setembro de 2019, excluídos tamén os recoñecidos, validados ou adaptados.
    O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
  • O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, excluídas as datas da viaxe, e un mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá ata o 13 de marzo de 2020

As solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través de https://sede.xunta.es co procedemento ED416A.

Máis información aquí.