Evento «Mañana 2019»

Convocatoria para startups

UVigo - Employ 30/05/2019

«Mañana» é unha iniciativa liderada por IFEMA, ENISA e Barrabés.biz. Está orientada a activar e unir o ecosistema social e corporativo, que xa está imaxinando e construíndo un mañá con nome propio, desde o noso país ata o mundo.

Mañana unirá de xeito activo e participativo empresas, institucións, startups, industria, cultura, educación, ciencia, talento e toda a cidadanía nun mesmo movemento. Todo isto a través de eventos, formacións e actividades que fomentarán a divulgación, promoción e solución dos grandes retos que nos preocupan como sociedade. É unha plataforma que comezará a súa andadura en xuño de 2019 cun gran evento.

Mañana responde aos retos da nosa sociedade, para a nosa sociedade

  • Habitabilidade: como contribuímos a mellorar a vida nas cidades?
  • Benestar: como mellorar a nosa calidade de vida?
  • Crecemento sostible: como unir negocio e sociedade?

A través desta convocatoria de startups, búscanse aquelas que queiran participar no evento «Mañana 2019», dirixida a startups españolas que teñan desenvolvida unha solución para un dos retos propostos e que se atopen tanto nunha etapa temperá de desenvolvemento como en outras máis consolidadas.

Para participar, a persoa que represente a startup deberá cubrir o formulario en liña da páxina web. 

O período de presentación de solicitudes estará aberto ata o 2 de xuño de 2019.