Oferta de emprego de ITMATI para un proxecto de adaptación de código de control de sistemas de enerxía para a súa execución en hardware empotrado

UVigo - Employ 05/05/2020

Referencia da Oferta

 ITMATI-OT-06/2020

Descrición do posto

Un contrato a xornada completa coma investigador/a para o proxecto de investigación “adaptación de código de control de sistemas de enerxía para a súa execución en hardware empotrado” no marco do contrato entre o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e unha empresa do sector da enerxía.

Titulación requirida

 Grao, licenciatura, enxeñaría ou mestrado relacionado coas matemáticas, a física, a enxeñaría ou a informática.

Méritos valorables

  • Coñecemento e experiencia previa no desenvolvemento de proxectos de I+D
  • Coñecementos de inglés
  • Experiencia previe en campos como métodos númericos en optimización, programación en linguaxes de cálculo científico, programación paralela e para sistemas empotrados, modelización de procesos físicos e químicos ou en técnicas de observadores e de control de sistemas

Condicións do contrato

  • Retribución bruta mensual: 1 810,00 € en 12 pagas
  • Data prevista de inicio: incorporación inmediata
  • Data prevista de fin de obra: 5 meses dende o inicio da contratación
  • Xornada laboral: a tempo completo
  • Lugar de Traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 12 de maio de 2020.
Máis información aquí.