Prácticas no Tribunal de Contas Europeo

UVigo - Employ 15/05/2020

O Tribunal de Contas Europeo organiza tres períodos de prácticas anuais con duración de 3 a 5 meses e que poderían ser remunerados con 1350 € mensuais, en función da dispoñibilidade orzamentaria.

Requisitos

  • Ser nacional dun Estado membro da UE
  • Estar en posesión dunha titulación universitaria ou ter completado polo menos catro semestres de estudos universitarios nunha área de interese para o tribunal (revisión de contas, orzamentaria, legal, administración, recursos humanos, tradución, documentación, biblioteca, arquivo, comunicación ou relacións internacionais)
  • Ter coñecemento profundo dunha lingua oficial da UE e coñecemento satisfactorio doutra delas

Inscrición e solicitudes

O próximo prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de maio para as prácticas do período que comeza o 1 de setembro.

Máis información aquí.