Programa Internacional de Bolsas para Estudos de Mestrado

UVigo - Employ 12/03/2019

Convoca

Iberdrola España.

Requisitos

  • Nacionalidade española ou residencia en España.
  • Posesión dun título universitario recoñecido de grao ou licenciatura no momento da presentación da solicitude. No caso de que a persoa solicitante se atope cursando o último ano da carreira no curso académico 2018-2019, a concesión da bolsa quedará condicionada pola obtención do título universitario na convocatoria de xuño/xullo de 2019.
  • Excelente coñecemento de inglés: presentación dun certificado de recoñecido prestixio.

Dotación

  • Matrícula no centro de ensino superior de España, Reino Unido ou Estados Unidos.
  • Mestrado en España: dotación de 10 800 €/anuais para cubrir gastos de transporte e aloxamento. Esta cantidade abonarase en 9 mensualidades de 1200 €.
  • Mestrado en Reino Unido: dotación de 18 960 €/anuais para cubrir gastos de transporte e aloxamento. Esta cantidade abonarase en 12 mensualidades de 1580 €.
  • Mestrado en Estados Unidos: dotación de 24 000 €/anuais para cubrir gastos de transporte e aloxamento. Esta cantidade abonarase en 12 mensualidades de 2000 €.
  • Seguro de enfermidade e accidentes. 
  • Bolsa de viaxe de 1500 € para realizar un voo transoceánico de ida e volta para levar a cabo os estudos obxecto da bolsa.

Prazo

Ata o 29 de marzo de 2019.

Máis información aquí.