Programa de prácticas da Axencia Europea de Defensa

UVigo - Employ 04/05/2020

A Axencia Europea de Defensa (EDA) ofrece un programa de prácticas dirixido a persoas recentemente tituladas nun grao universitario.

As prácticas EDA proporcionaranche a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos nos teus estudos mentres obtés unha visión única das políticas e procesos para o desenvolvemento de capacidades de defensa europeas nun ambiente profesional multicultural e dinámico.

Requisitos

  • Posuír coñecementos de dous idiomas de Estados membros participantes
  • Cómpre que un dos idiomas antes mencionados sexa o inglés xa que é o idioma principal de traballo da EDA

Cando?

  • As prácticas comenzarán en setembro e terán unha duración de 12 meses

Dotación económica

  • A contía mensual será de 1 220,78 €

Información e solicitudes

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de maio de 2020.
Máis información aquí.