VíaExterior

Última semana para inscribirse

UVigo - Employ 08/07/2019

ViaExterior é unha aceleradora multisectorial deseñada para promover, acelerar e aumentar a probabilidade de éxito no proceso de internacionalización das pemes galegas.

Proporciona asesoramento e formación personalizada a cada unha das 20 empresas participantes durante 6 meses, sen custes de inscrición e co aval do Consorcio da Zona Franca de Vigo.

  • Prazo: ata o venres 12 de xullo.
  • Inscricións: no formulario en liña.
  • Bases: podes consultar neste documento as bases.
  • Máis información sobre VíaExterior aquí.

Máis información:

Unidade de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
+34 986 818 710
emprego@uvigo.es