MARatón: a investigación mariña contada en 8 minutos

Concurso de divulgación mariña

Tags
  • Divulgación
UVigo - Research 23/04/2019

O Laboratorio de Recursos Xenéticos Mariños e o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo organizan o concurso de divulgación mariña «MARatón: a investigación mariña contada en 8 minutos».

Obxectivo

Achegar a investigación mariña realizada na universidade á cidadanía. As persoas participantes deberán captar a atención do público non especializado en tan só oito minutos.

Persoas destinatarias

  • Investigadoras e investigadores de entidades públicas (universidades, centros de investigación, etc.) e privadas.
  • Estudantes de doutoramento, traballo fin de mestrado ou fin de grao que estean a comezar a súa carreira como investigadores/as.

Lugar e data de celebración

O evento celebrarase os días 7 e 8 de maio de 2019 entre as 20.00 e as 22.00 h no bar Tinta Negra de Vigo (Rúa dos Irmandiños, n.º 2).

Premios

Concederase un primeiro premio e sorpresas para o resto de concursantes, así como un certificado de participación.
As persoas gañadoras deben destinar o premio concedido a unha actividade que continúe a súa carreira como divulgadoras.

Inscricións

Ata o 26 de abril.
Para participar cómpre enviar un correo a María Fernández (rexenmar@uvigo.es) co asunto «Inscrición MARatón», no que se especifique o título da charla, o nome completo e un correo de contacto.
A principios de maio publicaranse na web e nas redes sociais as persoas seleccionadas como relatoras e o programa completo.


Podes consultar aquí a web do Centro de Investigación Mariña.