oli...

Vídeo de presentación

Para toda a comunidade universitaria

UVigo - Communication / University 25/04/2019

Vídeo de presentación

 

Ver nova do Duvi


 

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa Roger, e no seu nome a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama Santomé, teñen o pracer de convidar a toda a comunidade universitaria á presentación da mascota da Universidade de Vigo.

A cita será o martes 30 de abril, ás 13.00 h, na sala I do edificio Miralles (acceso 4) do campus de Vigo.

Agradecémosvos que confirmedes a asistencia, antes do día 29 de abril, no teléfono 986 813 618 ou no enderezo electrónico protocolo@uvigo.es.