XVI Foro Internacional sobre a Avaliación da Calidade da Educación Superior e da Investigación (FECIES)

UVigo - Calidad 21/02/2019

XVI Foro Internacional sobre a Avaliación da Calidade da Investigación e da Educación Superior (FECIES)


O Mosterio de San Martín Pinario de Santiago de Compostela acollerá o XVI Foro Internacional sobre a Avaliación da Calidade da Investigación e da Educación Superior (FECIES) do 29 ao 31 de maio de 2019.

Este foro pretende cubrir unha oferta de formación especializada segundo os seguintes obxectivos: 

  • Coñecer a nova organización das ensinanzas universitarias.
  • Analizar e debater sobre a selección do profesorado contratado e funcionario.
  • Coñecer e debater sobre a situación do doutoramento en España e na Unión Europea.
  • Posta ao día da situación actual do proceso de converxencia europea en España e na Unión Europea.
  • Coñecer os distintos plans que teñen as universidades españolas para potenciar a investigación, a calidade e a converxencia europea.
  • Coñecer as distintas ferramentas para avaliar a calidade da investigación científica.

Presentación de traballos

O prazo para a presentación de traballos ampliouse ata o 4 de abril de 2019 ás 00.00 h.

Web XVI FECIES

Proposta de simposio invitado


Ata o 26 de febreiro, pode enviar unha proposta de simposio invitado na que presente as súas achegas científicas ou profesionais, xunto coas persoas que considere oportunas.

Cada simposio terá unha duración de 90 minutos e comporase de catro ou cinco comunicacións orais de 15 minutos cada unha e un debate posterior. Tamén será necesario que se inscriba unha persoa por cada comunicación presentada.  

A proposta enviarase ata o 26 de febreiro de 2019 ao enderezo electrónico cts261@ugr.es e incluirá nun único arquivo en formato word a seguinte información nun dos idiomas oficiais do foro (castelán, galego, inglés e portugués):  

  • Nome e breve currículo do coordinador ou coordinadora (100-150 palabras)
  • Título do simposio
  • Breve resumo do simposio (200-300 palabras)
  • Títulos e autores (e filiación) de cada unha das comunicacións que comporán o simposio 

Ademais, nun arquivo independente incluirase unha foto do coordinador ou coordinadora en tamaño carné e en formato JPG

O comité científico revisará a proposta e comunicaralle a súa decisión antes do 4 de marzo. No caso de que se acepte o simposio, a proposta completa deberá formalizarse segundo as indicacións que se lle enviarán antes do 10 de marzo de 2019.  

Para máis información, pode consultar a web do XVI Foro Internacional sobre a Avaliación da Calidade da Investigación e da Educación Superior (FECIES).