Xornadas comarcais de orientación

Imaxe de estudantes de costas con mochila da Universidade de Vigo

Co obxectivo de achegar a nosa institución a todos os puntos de Galicia, a Universidade de Vigo organiza as xornadas comarcais de orientación. Nelas o persoal da UVigo facilitará información sobre as probas de acceso e de admisión á universidade, a oferta formativa e as instalacións, os servizos e a vida universitaria. Ademais, profesorado universitario expoñerá as características académicas e as saídas profesionais das titulacións de grao por ámbito de coñecemento.

Novas relacionadas

 

Máis información:

Sección de Información a Estudantes
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.es