Advice for counsellors

Os obradoiros de asesoramento a orientadoras e orientadores están dirixidos especificamente a equipos de orientación e a equipos directivos de centros de educación secundaria, co fin de dar a coñecer a oferta de titulacións da Universidade de Vigo e as súas saídas profesionais, ademais das características da ABAU e do acceso á universidade. Deste xeito, buscamos apoiar máis directamente o labor de asesoramento do persoal orientador ao seu futuro estudantado universitario. 

 

Programa

  • Novidades da ABAU.
    Iván Area Carracedo, presidente da CiUG e delegado do reitor da Universidade de Vigo na CiUG
  • Pausa café.
  • Información sobre NERTA, preincrición, admisión e matrícula
    Ricardo Corderí Salgado, xefe do Servizo de Extensión Universitaria
  • Oferta académica da UVigo
    Ana Caamaño Martínez, técnica da Área de Captación de Alumnado
  • Actividades para centros de educación secundaria
    Ana Caamaño Martínez, técnica da Área de Captación de Alumnado

    
Vídeo da xornada

 

Campus de Ourense

12 de decembro de 2023
De 10.00 a 13.00 h
Salón de graos
Facultade de Ciencias
Modalidade: presencial

 

Campus de Pontevedra

13 de decembro de 2023
De 10.00 a 13.00 h
Aula 1
Escola de Enxeñaría Forestal
Modalidade: presencial

 

Campus de Vigo

14 de decembro de 2023
De 16.00 a 19.00 h
Aula 1
Edificio Redeiras
Modalidades: presencial e virtual
Acceso (estudantado) á sesión virtual
(contrasinal non requirido)


Para asistir cómpre apuntarse a través do seguinte formulario:

 

Máis información:

Sección de Información a Estudantes
Edificio Redeiras
Praza do Berbés 11
36202 Vigo
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal