En marcha unha formación sobre calidade en doutoramento destinado ao PAS

Acción formativa de calidade en doutoramento

UVigo - Quality 16/05/2019

A Xerencia da Universidade de Vigo aprobou unha acción formativa sobre os programas de calidade en doutoramento destinada ao PAS que traballa neste ciclo de estudos. A acción formativa busca capacitar o PAS do Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao e as áreas académicas de estudos de mestrado e doutoramento sobre o funcionamento da calidade neste ciclo.
 
Esta formación, organizada entre o Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao e a Área de Calidade, está configurada en dúas quendas: unha do 24 ao 29 de abril e outra do 14 ao 22 de maio, nas que participará persoal dos tres campus a través de videoconferencia. Forma parte das actividades de formación, comunicación e sensibilización dirixidas á comunidade universitaria relacionada co doutoramento cuxo obxectivo é o de implantar os estándares internacionais de calidade neste ciclo.
 
Máis información sobre esta actividade aquí.