6 de maio ás 11.00 h

Invitación

Para toda a comunidade universitaria

University / UVigo - ANL 30/04/2019

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa Roger, ten o pracer de convidar a toda a comunidade universitaria ao acto «A lingua é/e o futuro» que terá lugar o luns 6 de maio, ás 11.00 h, no Teatro Vidal Bolaño do campus de Vigo.


Programa

  • Entrega dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria 2019
  • Conferencia de Xosé Luís Méndez Ferrín «Día das Letras Galegas: xénese, transformación, actualidade e futuro»
  • Actuación musical a cargo do grupo Berlai
     

Agradecémosvos que confirmedes a asistencia, antes do día 3 de maio ás 14.00 h, no teléfono 986 813 618 ou no enderezo electrónico protocolo@uvigo.es.