PhD Extraordinary Awards

This content is currently not available in English

Mozo estudando na biblioteca


As teses de doutoramento defendidas na Universidade de Vigo que teñan acadado a cualificación de sobresaínte cum laude poderán ser obxecto da mención especial de premio extraordinario de doutoramento.

A universidade establecerá anualmente o número de premios extraordinarios que concederá e os prazos e procedemento da súa convocatoria. Na devandita convocatoria incluirase a relación de criterios específicos que se aplicarán na selección das teses no relativo á concesión da mención do premio extraordinario.

O reitor ou reitora nomeará anualmente os tribunais encargados de elaborar a proposta de concesión que se enviará á Comisión Permanente da Eido para valorala e remitila á Secretaría Xeral para a súa aprobación polo Consello de Goberno.
 

A data prevista para a publicación da convocatoria deste ano sería o 19/10/2020

Segundo acordou o Comité de Dirección da EIDO na reunión do 16/09/20, será requisito para participar nesta convocatoria,  ter defendido a tese de doutoramento na Universidade de Vigo entre o 1 de setembro de 2019 e o 31 de xullo de 2020.

Excepcionalmente, as teses lidas con posterioridade  ao 31 de xullo de 2020 e antes do 19 de outubro de 2020,  poderán optar a presentarse a esta convocatoria, sempre que na data 30/09/2020 tiveran rematado o prazo de exposición pública. 

Ver convocatoria

 

Máis información:

Escola Internacional de Doutoramento
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 442
eido@uvigo.es