Explorer UVigo-Santander Programme


Explorer UVigo-Santander é un programa gratuito de apoio ao emprendemento que lle brinda á comunidade universitaria o impulso necesario para desenvolver o seu proxecto e lanzalo ao mercado. 

Durante 12 semanas poderás asistir ás formacións do teu Explorer Space UVigo, un espazo de cotraballo onde conectarán con outras persoas emprendedoras coas súas mesmas inquedanzas e onde recibirán asesoramento personalizado e formación impartida por unha rede de máis de 200 profesionais expertos. 

O apoio e as sesións complétanse con premios para acelerar as iniciativas con maior potencial: viaxes á European Innovation Academy de Lisboa, onde participarán nunha experiencia de inmersión e formación para os proxectos seleccionados por cada Explorer Space xunto con emprendedores doutros países.

Datas clave

Inscricións abertas ata o 2 de decembro de 2025.
Selección de participantes: do 3 de decembro ao 12 de decembro de 2025.
Comunicación das persoas seleccionados e inicio do programa: 12 de xaneiro de 2026.


Apúntate aquí!

 

 

Máis información:

Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 036
areaemprego@uvigo.gal

Linkedin