Procedure and deadlines
1. Formalización do convenio de cooperación educativa
Antes do inicio das prácticas, as persoas titoras ou coordinadoras académicas ou as unidades de apoio a centros e departamentos deberán asegurarse de que o convenio estea asinado.
Non se poderá tramitar ningunha práctica na aplicación de xestión de prácticas curriculares se previamente o convenio ca entidade non aparece en estado «asinado» na aplicación para a xestión de convenios.
Prazo: polo menos dúas semanas antes do inicio da práctica.
Nota: no caso de convenios que non se axustan ao modelo normalizado ou se a entidade colaboradora é unha entidade pública necesitaranse polo menos seis meses.
2. Creación da convocatoria na aplicación de xestión de prácticas curriculares
A Área de Emprego e Emprendemento, na primeira semana de setembro, abrirá o curso académico que corresponda para que, a continuación, se poidan abrir convocatorias para cada titulación e materia.
3. Asignación da práctica
A persoa responsable da xestión das prácticas en cada centro será quen de introducir, para cada materia de prácticas e convocatoria, os datos do estudantado, da entidade colaboradora, das persoas titoras, das condicións e do programa formativo das prácticas.
Todo o estudantado matriculado en prácticas deberá ter introducido o seu NUSS (número de afiliación á Seguridade Social) e o seu NIE no seu perfil da secretaria virtual da UVigo antes de tramitarse a práctica.
4. Formalización da práctica
Tras introducir o estado da práctica na aplicación, debe de pasar ao estado «validada».
Unha vez adxudicada a práctica, o estudantado deberá asinar os anexos I e III, xerados a través da aplicación e coa sinatura da persoa que o titoriza na UVigo.
O estudantado deberá asinar os anexos I e II enviados pola persoa responsable da xestión da práctica na UVigo.
Para considerarse debidamente formalizada, cada práctica terá que ter xerados os anexos I, II e III a través da aplicación e ser debidamente tramitados para as súas sinaturas polas tres partes asinantes
Ningún estudante poderá incorporase a súa práctica –sexa realizada de forma presencial, mixta ou virtual– sen o citado anexo.
Non se admitirán modificacións nas datas de inicio e de fin e do calendario previsto para a realización das prácticas se non é por causa de forza maior debidamente acreditada (baixa, enfermidade…).
Prazo: a formalización de cada práctica debe efectuarse polo menos unha semana antes do seu comezo.
5. Tramitación ante a Seguridade Social
A Área de Emprego e Emprendemento xunto co Servizo de Retribucións e Seguros Sociais da UVigo seran quen de intermediar no procedemento das altas e baixas na Seguridade Social a partir dos datos introducidos na aplicación de xestión de prácticas curriculares.
As altas na SS poderán executarse correctamente sempre que o estudantado teña incluído correctamente o NIE e o NUSS no seu perfil en SIGMA.
Prazos: as altas na SS tramitaranse cinco días laborais antes da data de inicio de cada práctica e tramitaranse as baixas cinco días despois da data de fin. Os días efectivos de prácticas tamén se tramitarán cinco días despois.
6. Fin da práctica: avaliación
As persoas titoras na entidade e na UVigo e o/a estudante deberán cubrir os anexos IV, V e VI respectivamente, a través dunha que lle será achegado ao seu correo electrónico dende a aplicación de prácticas.
A persoa responsable no centro será quen de facer o seguimento da sinatura destes anexos.
Estes datos poderán ser usados pola Área de Calidade da Universidade de Vigo para os seus informes.
Prazo: a avaliación de cada práctica debe efectuarse durante o mes seguinte á súa finalización.