Regulation and documents

This content is currently not available in English


Atopa aquí a normativa e a documentación sobre os procedementos para a realización, seguimento e acreditación de prácticas académicas para estudantes.

Normativa

Normativa estatal

Normativa da Universidade de Vigo

Normativa sobre a cotización á Seguridade Social do estudantado en prácticas


Modelos de convenios e de acordos internos para a realización de prácticas académicas externas

A Universidade de Vigo utilizará o seu propio modelo de convenio de cooperación educativa aprobado en Consello de Goberno. Só se asinará un convenio por empresa que cubrirá as prácticas curriculares e extracurriculares, ofertadas en calquera dos centros da Universidade de Vigo tanto dos títulos oficiais de grao e de mestrado, como dos títulos propios.

Para a formalización do convenio e en función do destino das prácticas, deberá tramitarse á través da aplicación de convenios un dos seguintes modelos de convenio de cooperación educativa:
 

Cobre as prácticas do estudantado en entidades colaboradoras dentro do territorio español

  • Convenio de cooperación educativa (GL | ES)

Cobre as prácticas do estudantado en entidades colaboradoras fóra do territorio español, excepto as realizadas ao abeiro de programas de intercambio internacionais que posúan o seu propio modelo de convenio. O modelo de convenio dependerá do nivel para a transferencia internacional de datos indicado no RXPD:

Convenio de cooperación educativa para a realización de prácticas académicas externas no estranxeiro

  • Modelo para países do Espazo Económico Europeo (UE, Noruega, Liechtenstein e Islandia)(ESEN)
  • Modelo para países que contan con declaración de adecuación da Comisión Europea (ESEN)
  • Modelo para países distintos dos anteriores (ESEN)
  • Modelo de acordo que se deberá incorporar coma anexo naqueles convenios con terceiros países que impliquen transferencia de datos (ES | EN)

Cobre as prácticas do estudantado en servizos, dependencias ou centros da Universidade de Vigo.

Cobre as prácticas externas en entidades colaboradoras do estudantado matriculado en titulacións interuniversitarias

Convenio de cooperación educativa para realizar prácticas académicas externas do estudantado de todos os mestrados interuniversitarios do SUG 

  • Modelo de convenio (GL | ES | ES-EN)
  • Modelo de convenio coa UC3M (ES)
  • Anexo ao convenio (GL | ES)